Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ETHAN FROME

€11,50
ISBN 9788494257087

Publicada en 1928 por Hogarth Press, o selo editorial fundado por Virginia Woolf e o seu marido, Orlando é a un tempo novela, xogo e, como ben dixo o fillo da interesada, unha fermosa carta de amor a Vita Sackville-West, de quen Orlando é trasunto.



Ethan Frome é un granxeiro pobre de Nova Inglaterra cuxas improdutivas terras só dan o xusto para sobrevivir.

Zeena, a súa muller, está enferma e non se conforma coa mísera existencia de ambos. Será a chegada de Mattie, prima de Zeena, o que espertará en Ethan novos sentimentos e cobizas, e precipitará tráxicos acontecementos que cambiarán a súa vida para sempre.

Edith Wharton naceu en 1862 en Nova York no seo dunha familia rica e distinguida. Despois de casar en 1885, dedicouse a escribir e a viaxar polos Estados Unidos e por Europa até o seu divorcio, en 1913. Estableceuse entón en París até a súa morte en 1937, non sen antes pasear por Compostela en 1925. As súas obras máis coñecidas son A idade da inocencia (1920), pola que obtivo o premio Pulitzer, e The House of Mirth (1905).

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego