Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ESTIRPE DE SOMBRAS

€12,00
ISBN 9788494030239
Estirpe de sombras é o relato do éxodo, do alleamento de si á procura do Outro, da obsesión pola comunicación, do fracaso da comunicación. A autora experimenta a escrita como algo que se lle impón, o poema-máquina que quere ser un organismo vivo en continua transformación. A escrita contra a lingua do imperio, un idioma que sangra na boca. A escrita como retorno, e o poema como patria, pero tamén bosque, ruína, escuridade, fundación, rizoma, fame e sede de vinganza. A estirpe de sombras que somos todas.

____

Editorial: Barbantesa

Idioma: Galego