Os relatos que compoñen este sorprendente libro, tinxido de exotismo e sensualidade, artéllanse ao redor dunha recoñecida frase de Óscar Wilde: «O triángulo é a figura clave da xeografía sentimental». Baixo esta transgresora sentencia, os protagonistas destas narracións desenvolven as súas historias nunha atmosfera ateigada de paixóns ocultas, emocións encontradas e relacións inconfesables.
.
Nove relatos tensos e vibrantes que gardan no seu contido argumental espléndidos paralelismos coas controvertidas vidas de Virginia Woolf, Vicent Van Gogh, James Joyce e Nora Barnacle. Aventuras amorosas e exploracións sensoriais, a través de escenarios como Sicilia, Marrocos, Cornualles, Provenza, Yucatán e a Toscana, que nos lembran a capacidade esteticista e seductora dalgunhas paisaxes para conmovernos. O triángulo de Óscar Wilde é tamén unha aposta decidida do autor por amosar, a través dunha coidada e fermosa linguaxe, o seu amor pola literatura, as viaxes sen destino e os personaxes que coas súas arestas exhiben a xeografía dos seus sentimentos máis intimos. “Unha viaxe intensa pola alma dos mitos, polas cidades da literatura e polo corazón desacougado dos amores imposibles, un deleitoso agasallo que esculpirá na nosa memoria a xeometría exacta dun triángulo trazado coas liñas do desexo e a seducción”. (A. Riveiro Coello).
Idioma: Gallego

____
Editorial: LaioventoIdioma: Gallego