Num tempo em que a liberdade se dissolve entre o consumo, a apatia e a despolitizaçom, este livro recupera umha pergunta incómoda formulada no século XVI por Étienne de La Boétie: por que é que os povos obedecem — e até luitam — pola sua servidume?
A resposta, tam lúcida quanto perigosa, revela que a tirania nom se impom pela força, mas sí polo consentimento dos governados. O hábito, as distraçons e uma pirámide de cumplicidades tornam a opressom num sistema aceitável.
Claudio López Garrido reconstrói a história do Discurso da Servidume Voluntária e atualiza a sua interpelaçom para o presente: hoje, o domínio assume formas mais subtis, como o poder corporativo ou o «tecno- feudalismo». Face a isto, La Boétie propom uma soluçom radical e moderna: a desobediéncia civil nom violenta como caminho para recuperar a liberdade.
Mas do que um ensaio político, esta obra extraordinária é um apelo à consciência individual e coletiva, um espelho que, quase cinco séculos depois, continua a devolver umha imagem perturbadora e uma pergunta essencial: por que obedecemos?
Etienne de la Boetie 1530-1563
Avogado, escritor e poeta, precursor da idea dos dereitos humanos, cultor da desobediencia civil non violenta, pensador incómodo e político francés, foi un servidor da orde pública, é considerado por algúns como un precursor intelectual da desobediencia civil e do anarquismo.
Estudoso dos autores clásicos gregos e latinos, saca deles as leccións para que aos 18 anos escriba o seu Discours da servitude volontaire ou Contr'un (Discurso sobre a servidume voluntaria ou o Contra un), publicado en 1576.
A presente obra chegou ata os nosos días grazas a unha das relacións de amizade máis soadas da historia, aquela que A Boétie, moi admirado polo seu amigo Michel Montaigne (albacea literario do noso autor) estableceron no século XVI, nunha época de expansión do Renacemento, exploración xeográfica e indagación intelectual, pero tamén de disputas políticas e guerras de relixión. É entón cando A Boétie redacta esta reflexión atemporal sobre os resortes do poder e a dominación, sobre o gran enigma do político: a servidume voluntaria. Como pode ser, pregúntase o autor, que os homes non só obedezan, senón que ademais fágano «encantados e fascinados»?
Estamos ante un texto que anticipa as ideas de Thoreau e Tolstói, así como as reflexións de Weil e Arendt sobre o totalitarismo.
Claudio López Garrido, é un economista e político galego.
Investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Militante do PSG, nas eleccións autonómicas de 1981 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia pola coalición electoral BNPG-PSG, pero foi expulsado da Cámara autonómica por negarse a acatar a Constitución española de 1978. Foi subdirector xeral de Formación e transferencia tecnolóxica da Consellería de Medio Rural (2005-2009).
Publicado en Laiovento, A GRANDE TRANSFORMAÇOM, " Após anos de relativa obscuridade , A Grande Transformaçom , é reconhecida cada vez mais como umha das principais obras da ciência social do século XX . É uma referência indispensável nos debates atuais sobre a globalizaçom e alcançou o status de obra canónica para a sociologia económica e a economia política internacional. Mesmo no campo da economia , que ignorou durante muito tempo a poderosa crítica de Polanyi á autorregulaçom do mercado , as suas ideas ganhárom renovada consideraçom e respeito ".
Fred Block
Outras publicacións:
Estrutura produtiva de la agricultura en la montaña de Lugo, 1987.
A eficiencia técnica das explotacións leiteiras na comarca interior da provincia de A Coruña: influencia da concentración parcelaria, 2003.
____
Editorial: Laiovento 11- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 66
ENSAIO
FILOSOFÍA SOCIAL
DOMINACIÓN/SERVIDUME
DESOBEDIENCIA CIVIL
MOVEMENTOS SOCIAIS