Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO/CLAUDE GUEUX

€14,80
ISBN 9788484873532
Nestes dous relatos igual que en toda a súa obra, Victor Hugo fai gala dunha humanidade, unha comprensión e unha mesura absolutamente inseparables da súa firmeza, coherencia e valentía.

Canto ao valor literario, cómpre subliñar a súa innovación ao introducir o xénero da introspección feita polo propio personaxe. Neste sentido, O derradeiro día dun condenado resulta unha novela contemporánea. Desgraciadamente, o alegato en favor da abolición da pena de morte tamén segue plenamente vixente nos nosos días. Non só porque en moitos países do mundo continúa viva esta pena capital, incompatible cos valores da redención e a reeducación dos culpables senón tamén polas novas formas –quer individuais quer colectivas– que na actualidade ela adopta. Publicar estas obras en galego significa alentar o espírito da Tolerancia e da Xustiza e levar á nosa lingua unha novela da que Dostoievski dixo: «É a máis real e a máis ateigada de verdade de todas cantas obras el escribiu».

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego