TEMPOS DAS IRMANDADES: ORATORIA E PROSA NON FICCIONAL. ANTOLOXÍA
€12,00
ISBN 9788487987960
No marco da celebración do centenario da fundación das Irmandades da Fala (1916), a Real Academia Galega promove a publicación dunha serie de antoloxías da obra literaria en lingua galega vencellada de xeito máis ou menos estreito a este vizoso movemento de reivindicación da lingua, a cultura e a identidade política de Galicia. Dentro da devandita serie non podía faltar un volume dedicado á prosa non ficcional, non só pola importancia intrínseca que esta tivo naquel período –xa que a través dela se foi definindo o proxecto político e cultural das Irmandades e foi tomando corpo a súa definición de Galicia como nación–, senón porque os persoeiros das Irmandades son tamén os fundadores da prosa galega moderna, o que practicamente equivale a dicir do galego culto dos nosos días.
Na presente antoloxía axuntamos a prosa non ficcional (tanto a literaria, como o ensaio, canto a non literaria: xornalística, divulgativa ou doutrinal) coa oratoria, xénero este en xeral moi pouco atendido na historiografía literaria. Ao facérmolo así non soamente pretendemos reivindicar a importancia de ambas as modalidades de discurso e o valor do contributo das Irmandades da Fala ao seu cultivo na nosa lingua, senón que tamén desexamos salientar que, de feito, o galego culto contemporáneo se estreou en ambos os rexistros de xeito practicamente simultáneo. Ou mellor aínda, que a prosa culta e a oratoria en galego xermolaron xuntas, fecundándose mutuamente.
Índice
Limiar.
Henrique Monteagudo
I. Un tempo novo: agromar das Irmandades (1916 - 1920)
A bandeira ergueita (1916).
Antón Vilar Ponte
Discurso ao fundarse a Irmandade en Santiago (1916).
Lois Porteiro Garea
Teoría do nacionalismo galego (1918).
Vicente Risco
Arte e galeguismo (1919).
Alfonso D. R. Castelao
II. A afirmación: das Irmandades a Nós (1920 - 1930)
Teoría do nacionalismo galego (1920).
Vicente Risco
Arte nova (1920).
Vicente Risco
Divulgacións enxebristas (1920).
Johán Vicente Viqueira
Dos nosos valores (1920).
Antón Vilar Ponte
O sentimento da terra na raza galega (1920).
Vicente Risco
Dos nosos tempos (1920).
Florentino López Cuevillas
[A paisaxe e a aldea. Para unha estética da paisaxe. Unha aldea da Bocarribeira] (1922).
Ramón Otero Pedrayo
Máis alá! (1922).
Manuel Antonio / Álvaro Cebreiro
Verbo da prosa galega (1924).
Antón Lousada Diéguez
Da renacenza galega. A evolución do galego e os seus críticos (1926).
Vicente Risco
Sobre o tempo de hoxe (1928).
Ramón Otero Pedrayo
O idioma galego na nosa vida e na nosa cultura (1928).
Vicente Risco
Romantismo. [Unha esculca nas súas orixes] (1929).
Ramón Otero Pedrayo
As aguias do imperio e a barca apostólica (1930).
Ramón Otero Pedrayo
III. Recobrando o pulo (1930)
A significación espiritual do Día da Galiza (1930).
Ramón Otero Pedrayo
O galeguismo na arte (1930).
Alfonso D. R. Castelao
A nosa definción autonomista (1930).
Valentín Paz Andrade
IV. Epílogo: balance, reformulación e controversia (1933 - 1935)
Nós, os inadaptados (1933)..
Vicente Risco
Verbas de chumbo (1935)..
Alfonso D. R. Castelao
O que vai de 1916 a 1936 (1935)..
Antón Vilar Ponte
Referencias
Bibliografía ampliada
Idioma: Galego

____
Editorial: R.A.G.Idioma: Galego