Acompaña cada unha das túas lecturas cun rexistro especial no noso Caderno de Lecturas de Librería Abrente.
Este caderno, deseñado especialmente para nós, conta ademáis con espazos para anotar a túa mellor lectura de cada mes, as túas librerías preferidas e os teus autores favoritos. Inclúe, ademais, seccións especiais para rexistrar os “Libros que te marcaron” e un “Reto de Lecturas” no que poderás propoñerte metas lectoras e explorar novos xéneros e estilos.
Co seu formato práctico e ilustracións coidadas, será o compañeiro ideal para gardar recordos, reflexións e citas das obras que máis che marquen ao longo do ano. Perfecto para lectores e lectoras que buscan un espazo persoal e organizado onde recoller as súas experiencias literarias e vivir unha experiencia lectora única e memorable.
Autoedición
Deseño: Ana Bangueses
Idioma: Galego