Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar a vida tras unha fuxida á desesperada. Co seu regreso, tensións políticas e vellas historias da guerra do 36 volven ao presente.
Mais tamén volve a lembranza dos amores perdidos naqueles días de terror. Sen sospeitalo, o xornalista da televisión que o animara a regresar para reivindicar a súa obra cinematográfica terase que enfrontar ás temibles e violentas consecuencias de desenterrar un pasado negado e maldito. Combinando memoria histórica, elementos de thriller policial e unha homenaxe ao cinema político, Miguel Anxo Fernández logra con Blues para Moraima, Premio Blanco-Amor 2016, unha das súas obras literarias máis ambiciosas. Unha novela de grande axilidade narrativa e unha intriga que apreixa o lector.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego