Cae a noite sobre Heorot, a corte de Hrothgar, rei dos daneses. Na casa de altos tellados, cada vez que os nobres daneses se reúnen para beber cervexa e soa música, aparece o monstro Grendel e devora moitos guerreiros. Estes ataques prolónganse durante anos, ata que o relato dos feitos chega a oídos de Beowulf, un heroe que pon proa cara á corte do rei con catorce homes. Tras un duro combate, Beowulf vence ó monstro, quen foxe ferido de morte.
Idioma: Gallego
A alegría volve á corte do rei, pero só por unhas poucas horas, xa que á noite seguinte Beowulf deberá enfrontarse á nai de Grendel, que aparece sedenta de vinganza. É o máis antigo dos poemas épicos ingleses. Aparece nun manuscrito que data do século XI, pero polos feitos que narra parece que foi composto arredor do século VI, no período coñecido como o das invasións bárbaras.
Esta tradución de Jorge L. Bueno recibiu o Premio Nacional da Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos (AEDEAN) no ano 2011. O premio AEDEAN recoñece a mellor tradución dende a lingua inglesa cara ás linguas oficias do Estado.
____
Editorial: RinoceronteIdioma: Gallego