A maxestosa cidade de Elawei álzase no cumio da Montaña Sagrada. O mozo Nash, que de moi novo foi salvado dunha vida miserábel nas minas para se converter no sucesor do trono do Palacio Áureo, ve o seu destino truncado cando a familia real consegue concibir un herdeiro de sangue.
Os grandes mestres dos gremios preparan unha revolta para impedir a coroación do príncipe Bran, e así facerse co poder do reino. Para iso asinarán un perigoso pacto con Lord Daru, que comanda as tropas demoníacas que desde a Terra da Nada avanzan na conquista dos territorios pictos cara á cidade de Elawei. A gran batalla está a piques de estoupar, mentres o Dragón Vermello segue a durmir nas profundidades. Deste xeito comezan as crónicas de Bran e a súa viaxe até a Terra de Alba, onde o agarda o máis misterioso dos destinos.
Idioma: Galego

____
Editorial: Contos Estraños 03-2023Idioma: Galego