Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS COVAS DE ACEIRO

€16,50
ISBN WP2177
As covas de aceiro é un thriller robótico publicado orixinalmente por entregas na revista Galaxy Science Fictione editado máis tarde por Doubleday como volume de seu. Trátase da primeira novela da chamada serie dos robots, e seguramente a máis completa.

A trama xira arredor da tensa relación entre dúas civilizacións: unha, a dunha Terra superpoboada, cuxos habitantes se amorean en cidades encovadas e se amosan reticentes a calquera aperturismo e sobre todo ás innovacións tecnolóxicas —a decadencia cultural é un tema recorrente ao longo de toda a obra de Asimov. A outra, a dos espacenses (individuos e robots dos Mundos Exteriores), unha sociedade avanzada que, precisamente por tal motivo, é consciente dos retos que entraña o futuro. Tras moito tempo vivindo de costas, será un estraño homicidio o feito que obrigue a ambos os bandos a cooperar, coñecerse e entenderse.O detective terrícola Elijah Baley será o guía que conduza o lector por un dos universos futuristas máis logrados da literatura de ciencia ficción. Cun estilo fluído que permite que a acción avance sen pausa e con escasos requilorios, esta novela atesoura ademais a famosa formulación das leis da robótica e multitude de neoloxismos que a día de hoxe son de uso común.

____

También te podría interesar...

  • A DERRADEIRA BALA

    A DERRADEIRA BALA

    Fernando Castro Paredes
    €11,00

    I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2018.Luciano é descuberto intentando desertar da guerra e, despois de ser xulgado polos seus supe...

    Ver todos os detalles
  • ETERNITY

    Xosé Monteagudo
    €15,50

    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran d...

    Ver todos os detalles
  • CANDO ARTUR NON ERA REI

    CANDO ARTUR NON ERA REI

    Xabier López López
    €12,20

    Un libro sobre o mítico Rei Artur antes de pasar a ser un personaxe de lenda. Poucos saben da súa vida antes de entrar na historia. Este libro vé...

    Ver todos os detalles
  • REO

    REO

    Xesus Fraga
    €13,50

    Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 201...

    Ver todos os detalles
  • IN VINO VERITAS

    IN VINO VERITAS

    Francisco Castro
    €20,90

    Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de 'Spam' aborda o xénero policial en clave de parodia.A novela desenvólvese no ambiente da bu...

    Ver todos os detalles