Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ANTROPOLOXÍA DAS MULLERES GALEGAS. AS OUTRAS OLLADAS

€19,50
ISBN WP391
Os textos recompilados e traducidos ao galego neste volume foron escritos por nove antropólogas e un antropólogo estranxeiros que realizaron os seus traballos de campo en Galicia e centraron as súas análises nas relacións de xénero.

Os diferentes artigos que compoñen a obra datan de épocas diferentes (de 1975 ata 2004) e, así mesmo, abordan a análise dende posicións teóricas, históricas e socio-ideolóxicas diferentes que son analizadas polas mesmas autoras e autor en forma de notas introdutorias aos seus artigos pasados. O libro percorre así o tema das relacións interdomésticas e intradomésticas, os cambios económicos e sociais habidos nas últimas décadas e o seu impacto, as relacións rural-urbano, os sistemas de status e a reputación das casas, a identidade e os seus referentes simbólico-morais ou as migracións. Todo isto dende unha perspectiva de xénero. Ao ser un libro sobre xénero, este volume trata sobre as relacións de poder. Nesta obra non soamente se reflicten os cambios históricos nas relacións de poder entre xéneros ocorridos ao longo do último século, senón tamén un cambio epistemolóxico con respecto á conceptualización do poder.

____