Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ANTÓN E A MOURA DO LAMEIRO DE VIANA

€15,00
ISBN 9788418136955

Álbum ilustrado a toda cor e en tapa dura, no que os lectores máis cativos descubrirán unha asombrosa lenda que se agocha no río Deza. Di a tradición oral que “nun salto de auga na parroquia de Pazos, ten lugar unha aparición que se fai presente no amencer do san Xoán... No medio da escura noite pode albiscarse no interior do cadoiro unha grade e un arado de ouro!”.

Coa adaptación desta lenda nun formato de conto infantil trátase de achegar aos máis cativos unha das tantas historias da tradición oral que, nos tempos nos que a lectura era un luxo para poucos, só as narracións contadas permitían transmitir ensinanzas con moita retranca e simbolismo converténdose en parte da nosa propia cultura. Un conto cheo marcado cheo de simboloxía no que a aprendizaxe chega a través de encantamentos que castigan a avaricia humana.

Nas páxinas finais conta ademais cun apartado didáctico con explicacións e actividades, así como un código QR con enlace a un videoxogo para que os máis pequenos comproben o aprendido sobre os mouros e o porqué é tan importante manter vivas as lendas ancestrais.

____

Editorial: Edicións Fervenza 10-2023
Idioma: Galego
Páxinas: 48
Col: MITOS LENDASINFANTIL
TAPA DURA