Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ANOS 80. MOVIDA, ATLANTISMO, VANGARDISMO, UNDERGROUND

€32,00
ISBN 9788411763325

Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo e underground é un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes en Galicia.

Aínda que a música é o eixe central do libro, fanse paradas na contracultura, o “faino ti mesmo”, os fanzines, o audiovisual, a poesía e a plástica.

Porque falamos de tempos novos e efervescentes en que proliferaron os camiños alternativos e subterráneos, e onde ten lugar unha transformación radical, tanto da sociedade como das artes. 

Fernando Fernández Rego

(Ferrol, 1979) É licenciado en Química pola USC e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais de administrar a web musical LaFonoteca.net, coordina a sección de música da revista Grial, escribe para Mondosonoro, Luzes e Rockdelux e colabora con múltiples plataformas, tanto dixitais como impresas.

Publicou a novela Desorden (2009), un tratado de existencialismo pospunk, e tocou o relato e a poesía en Blues From A Gun.
Secuencias interiores
 (2011). Deu ao prelo ensaios como o libro-CD 50 Anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010) e Galicia en clips (2012), este último xunto a Pablo Portero; e biografías, como o da banda de Lugo Los Contentos, Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage) (2014), en colaboración con Piti Sanz, e a de Andrés do Barro, Andrés do Barro. Saudade (2015).

En Editorial Galaxia publicou Unha Historia da música en Galicia 1952-2018 (2019) e Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo (2022).

Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.

____

Editorial: Galaxia 10-2024

Idioma: Galego