Libro de relatos que se presenta baixo un título composto por dúas palabras maiores: amor e música.
Andanzas sentimentais, amores platónicos e música lixeira. Coma as cancións de Carmen Miranda nunha película de Woody Allen. Música, combinada con humor, para contarnos historias nas que o luminoso e vital se quere impoñer á crueza da experiencia. Escritas co falar da xente, con sabor e chispa. Coma pedras de sal que resplandecen na noite.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego