Esta novela transcorre na Galicia de 1971, ano fronteirizo e ambiguo, no que as cousas, de puro claras, eran equívocas. A historia dun grupúsculo ultra esquerdista nos prolegómenos dunha acción é o pretexto para que Vicente Araguas desenguedelle un estilo característico, cheo de tenrura, humor, escepticismo e distanciamento nas rúas de Ferrol e no vello Estadio do Inferniño.
____