Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A VIAXE Á FIN DO MUNDO

€19,00
ISBN WP3873
Moito antes que o Códice Calixtino roubaron da catedral de Santiago a xoia máis antiga e amada. Nunca apareceu. Era parte dunha viaxe.  

A viaxe á fin do mundo nace de dous feitos reais sucedidos na catedral de Santiago de Compostela en 1906 e 1921. Por este motivo principal, pero non único, inclúense varias citas orixinais, a maioría delas traducidas ao galego desde a súa fonte, case sempre en español, para esta novela. Por suposto, as citas que son parte da trama teñen só fins narrativos,... O roubo en 1906 na basílica compostelá da cruz de Afonso III, unha cruz grega do século IX de ouro e xemas, nunca se resolveu. A prensa apenas tratou o sucedido, malia supoñer a perda da ofrenda máis antiga ao apóstolo Santiago e a máis venerada polos peregrinos. En 1921, o misterio aumentou ao arder o retablo de onde desaparecera. Foi un feito insólito e non aclarado e, coma o roubo, axiña esquecido.
 Só alguén en Santiago, un xornalista, quererá respostas, non tanto por afán profesional como polo xeito en que estes sucesos condicionarán, sen piedade, a súa vida. Esta busca levarao a cruzarse, de traumático xeito, con outras buscas non menos determinantes. Procuras que aos cen anos do roubo volverán con insospeitadas consecuencias. A clave estará na viaxe metafórica e real ao finis terrae máis mitificado polos europeos a través dos séculos.
 

____