Entre o rumor do mar e o murmurio da memoria, Nuno –ou Ivar Penca Negra– reconstrúe a súa vida dende a soidade e o arrepentimento. Fillo dunha escrava galega e dun cabaleiro desaparecido, criado en Xutlandia baixo o ferro dos normandos e a voz dun monxe, foxe dun destino que non escolleu e lánzase ó océano en busca da terra dos seus devanceiros.
O que comeza como unha viaxe de descuberta convértese nunha loita interior entre dúas identidades. Entre o Valhalla e o Paraíso, entre a espada e o pergamiño, Nuno tenta atopar o seu lugar nunha terra que o acolle e o teme, que o fascina e o condena.
Francisco Antonio Vidal Blanco (Palmeira, Ribeira, 1957) leva case trinta anos colaborando en medios de comunicación. Publicou as novelas Ollos de anxo da morte (1997), O cuarto dos ausentes (2000), A derradeira decisión (2001), botín da inmortalidade (2003), A luz da eclipse (2003), Os chanzos da escada (2005), Os pecados capitais (2007), As deusas do calvario (2010), O coitelo de pedra fundida (2015), Principio de exclusión (2022) e As cartas do desarraigo (2023), pero tamén escribiu teatro e varios ensaios sobre Manuel Murguía. A súa obra literaria levou varios premios, como o Avilés de Taramancos e o Terra de Melide, e dende 2009 a biblioteca municipal de O Froxel (Arteixo, onde naceu Murguía) leva o seu nome.
Editorial: Morgante 01-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 236
NARRATIVA
HISTORIA
CONTEMPORÁNEA
VIAXES