Publicación que lle dá soporte bibliográfico baixo o formato de catálogo á exposición 'A pesca fluvial', a través da colección do Museo Etnolóxico.
Idioma: Gallego
A mostra concíbese coma una aproximación ao universo da pesca de río, a partir das posibilidades comunicativas do fondo moble e documental do centro. Nasas, redes, embarcacións e artes de liña soportan o discurso, apoiado de maneira puntual por fotografías. Téntase achegarlle ao público técnicas e maneiras de proceder e, asemade, establecer un foro de reflexión sobre as mudanzas e afeccións sufridas pola pesca fluvial, con especial énfase no s. XX.
____
Editorial: Xunta de GaliciaIdioma: Gallego