Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A LINGUA EN FUTURO: A MOCIDADE IMAXINA O 2050

€19,00
ISBN 9788412463569

Imaxinando o futuro da lingua galega, as autorías d' A Lingua en 2050 (Catro ventos, 2021) falaban de mocidade, de inmersión, de transmisión, de futuras xeracións... de futuro.
Decidimos, daquela, preguntarlle ao futuro, a esta mocidade que está a trazar o presente da lingua e a bosquoxear o seu porvir, e xuntamos, de novo baixo a guía e coordinación do sociolingüista Fernando Ramallo, dezasete voces diversas que non superan os trinta anos e que aquí nos falan desde o persoal o político, desde a súa realidade ( o xénero, a creación artística, a investigación científica, o activismo ecolóxico e social... ) e as súas arelas.
Convidámosvos con estas páxinas a unha viaxe de 10.000 días cunha nova mirada á lingua que será.

____

Editorial: Catro Ventos 04-2023
Idioma: Galego