Velaquí un libro de grande interese para todos aqueles que aman a nosa historia, a nosa lingua e a nosa literatura.
O seu autor, Pär Larson, é un sueco afincado en Italia que coñece coma poucos as nosas cantigas medievais. Estamos diante da primeira descrición sistemática da lingua usada polos trobadores da Península Ibérica —desde Galicia e Portugal ata o reino de Aragón—, entre finais do século XII e mediados do XIV, para compor tanto poesía lírica sacra (as Cantigas de Santa María de Afonso X) como profana (cantigas de amor, de amigo e de escarnio e mal dizer). Un libro, pois, que contribúe a pór en valor o noso patrimonio literario, un legado de excepcional valor e riqueza.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego