Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A LIMIA BAIXA

Esgotado
€10,00
ISBN

Nesta monografía de naturaleza sociolingüística tracéxase, a través da mocidade da Limia Baixa, a situación actual da súa lingua mais as actitudes e prexuízos que afloran nesta comunidade.
A Limia Baixa é unha área situada ao soroeste da provincia de Ourense que linda con Portugal polo sur e polo oeste. O seu galego presenta unha situación particular, xa que existe un panorama lingüístico dominado polo monolingüismo na súa variedade dialectal baixolimega en todos os ámbitos e niveis da vida. O contacto co galego estándar, co español e co portugués inflúe na existencia, mantemento ou retroceso dos seus trazos dialectais e, por suposto, nas actitudes que os falantes teñen debido a esta situación.

____

Editorial: Universidade de Vigo 11-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 135
MATERIAIS LINGÜÍSTICOS
ENSAIO LINGÜÌSTICO