Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A INQUILINA DE WILDFELL HALL

€22,00
ISBN

A mansión de Wildfell Hall recibe unha nova inquilina, unha misteriosa muller chamada Helen Graham, acompañada polo seu fillo pequeno. A chegada desta habitante desata todo tipo de rumores entre a veciñanza. Grazas ás páxinas do seu diario, que chega ás mans do seu namorado, Gilbert Markham, coñeceremos o pasado turbulento do que fuxiu a protagonista.
Presentada a miúdo como unha historia de amor e redención e precedente da literatura feminista, a segunda e última novela de Anne Brontë brilla polo seu retrato de personaxes e pola súa calidade literaria, pero tamén por poner en entredito as estruturas sociais que impedían a independencia económica das mulleres.

Traducido por Moisés Barcia

Anne Brontë (1820-1849) foi a máis nova das irmás. Xunto a Emily e Charlotte, pasou á historia da literatura inglesa e mundial con tan só dúas novelas: Agnes Grey (1847) e A inquilina de Wildfell Hall (1848), que publicou baixo o seudónimo de Acton Bell. A autora faleceu de tuberculose pouco despois de publicar esta novela.

____

Editorial: Morgante 04-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 468
NOVELA
FICCIÓN, NARRATIVA