Sá-Carneiro evoca o seus tempos de xuventude no París de 1895, con múltiples referencias ao seu vadiar pola cidade, ao tempo que aborda tres das súas teimas: o suicidio, o amor fóra dos parámetros convencionais e lindeiro coa perversión, e mais a confusa percepción do real, por momentos achegada á loucura. A enigmática caracterización dos personaxes reforza a idea da fragmentación do suxeito, leitmotiv da historia, visible nun conxunto de experiencias próximas ao delirio e ao frenesí sensorial.A obra foi concibida cos códigos da novela fantástica, onde a trama xira arredor dun triángulo amoroso e do seu fatídico desenlace. O narrador, Lúcio Vaz, reafirma dende as páxinas iniciais a súa condición de cronista duns feitos inverosímiles. A confesión de Lúcio é unha obra aberta á interpretación, pois afonda en universos tan ambiguos e enigmáticos como o dandismo a xeito de actitude que repudia o sistema de valores da sociedade burguesa; a androxinia, un sofisticado homoerotismo, se cadra mesmo o travestismo, como reflexo dunha complexa sexualidade.
____