Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A CASA DE SOUTOMAIOR (1147-1532)

€21,00
ISBN WP4138
Os Soutomaior concitan na nosa sociedade unha serie de imaxes estereotipadas do que foi a Idade Media galega. Os Soutomaior, como parte da nobreza dominante e dominadora na Galicia baixomedieval, proxectou a través dos seus diferentes biógrafos unha imaxe repleta de violencia e traizón, froito do carácter político ou relixioso que moitos dos historiadores modernos imprimían nas súas crónicas.

A casa de Soutomaior (1147-1532) pretende achegarse de xeito global ao protagonismo acadado polos personaxes que formaron esta familia, tanto desde a sociedade como desde a economía. O mito que rodea aos Soutomaior é parello co seu papel na historia galega e nos numerosos acontecementos violentos que protagonizaron.

____