Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ARQUITECTURA EN GALIZA.

Prezo orixinal €90,00
Prezo actual €85,50
ISBN WP4707
Aproximación á realidade arquitectónica xeral de Galicia dende a Prehistoria ata os nosos días. A Arquitectura é un ben público. A modificación do ambiente mediante unha realidade artificial afectalle ó conxunto da poboación. Arquitecturar é un proceso que adquire así un profundo contido social que debera ter coma obxectivo o progreso do país no seu conxunto.

A Arquitectura é un ben público. A modificación do ambiente mediante unha realidade artificial afectalle ó conxunto da poboación. Arquitecturar é un proceso que adquire así un profundo contido social que debera ter coma obxectivo o progreso do país no seu conxunto. Desta convicción nace a presente obra. Nun período de tensións e cambios, percíbese un crecente interese pola arquitectura e o urbanismo. Este libro pretende achegar unha visión didáctica e de conxunto da realidade arquitectónica pasada, presente e futura que facilite a comprensión deste fenómeno polo lector. Téntanse achegar criterios xerais de análise que sirvan para unha visión persoal e crítica da nosa realidade arquitectónica. É unha busca da «trazabilidade»: das influencias entre as distintas arquitecturas, dos fíos que conectan as diferentes etapas da nosa historia, da conexión coa arquitectura internacional e dos posibles alicerces do futuro. A riqueza do noso patrimonio e da nosa arquitectura reside namestizaxe entre estilos e características autóctonas, entre arquitectura popular e non popular, entre arquitectura preexistente e arquitectura futura, entre a vangarda e a tradición. Este é o punto de arrinque deste traballo: a análise destes fluxos e influencias diversas, que darán lugar a características xerais recoñecibles para calquera.

____