Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

1Q84

€27,40
ISBN 9788498653250

LIBROS 1 e 2

O día 1 de febreiro poñerase á venda 1Q84, a nova novela de Haruki Murakami. Editorial Galaxia publícaa en galego ao mesmo tempo que o libro se lanza noutras linguas do mundo. Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés, 932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir. Aomame é unha asasina que non deixa trazas nas súas vítimas, coma se finasen de morte natural. Tengo é un profesor e autor inédito ao que lle piden que reescriba unha novela abraiante mais imperfecta. E Fukaeri é unha estudante cuxos pais, membros dunha comuna chamada Amencer, levan sete anos desaparecidos. A novela desenvólvese sobre o pano de fondo da historia contemporánea, das sectas relixiosas, do maltrato e da corrupción, un universo enrarecido no que o narrador escarabella para desvelar outra realidade oculta. Traducida directamento do xaponés para o galego por Mona Imai e Gabriel Alvarez, 1Q84 é o terceiro título de Murakami publicado por Galaxia, que antes tirara do prelo a novela Tras do solpor e o libro Do que estou a falar cando falo de correr. Libros 1 e 2


Editorial: Galaxia 02-2011

Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • 1Q84 LIBRO 3

    Murakami, Haruki
    €24,10

    Logo da publicación dos Libros 1 e 2, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos e con excelentes críticas no noso país, volven...

    Ver todos os detalles
  • O OUTEIRO DO AMIEIRO

    LERTXUNDI, ANJEL
    €14,70

    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa ...

    Ver todos os detalles
  • SEMPRE HAUSA

    Babarro González, Xoán
    €12,40

    A historia dun rapaz novo obrigado a cambiar de mundo e que a pesar de todo non deixa de ser el mesmo. Abduhali é un rapaz nacido en Áf...

    Ver todos os detalles
  • O CARANGUEXEIRO

    O CARANGUEXEIRO

    Takiji Kobayashi
    €14,00

    O caranguexeiro, publicada por entregas na revista Senki entre os meses de maio e xuño de 1929 e apenas un trimestre máis tarde como volume exento,...

    Ver todos os detalles
  • MOUCHIÑO MOU

    Babarro González, Xoán
    €11,15

    Na vella sobreiraque bebe no ríonaceu unha noiteno medio do frío... Pequerrechiño...avultaba menosque un dedo maimiño.Que será de ...

    Ver todos os detalles