Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
AGATHA CHRISTIE. A RAIÑA DO CRIME.

AGATHA CHRISTIE. A RAIÑA DO CRIME.

50 ANOS DO SEU FALECEMENTO.
Agatha Mary Clarissa Miller Christie, OIB nada en Torquay, Devon, o 15 de setembro de 1890 e finada en Cholsey, Oxfordshire, o 12 de xaneiro de 1976, foi unha escritora inglesa de novelas de misterio, coñecida polas súas sesenta e seis novelas policiais e catorce coleccións de relatos curtos, especialmente as que xiran ao redor de detectives ficticios Hércules Poirot e Miss Marple. Tamén escribiu seis novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. Así como a obra de teatro máis lonxeva do mundo, A rateira que se representou no West End de 1952 a 2020.É coñecida como a Raíña do Crime.
 O Guinness World Records lista a Christie como a escritora de ficción máis vendida de todos os tempos, xa que as súas novelas venderon máis de dous mil millóns de copias.