Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PODAS E ENXERTOS

€19,90
ISBN 9788412463545

Como podo a maceira? Que é mellor para enxertar unha pereira: xema ou puga?

E podo facelo sobre un pexegueiro? Cando debo podar o castiñeiro?

    Fuxindo de tecnicismos e centrándose na realidade galega, Podas e enxertos. Unha guía práctica presenta de forma didáctica e moi visual, con ilustracións e fotos, como realizar podas e enxertos en froiteiras, árbores de aproveitamento forestal e plantas ornamentais, alén doutras técnicas (incisións, anelados e arqueamentos) e da explicación das ferramentas necesarias.

    Velaquí un manual que anima a saír á horta, ao xardín, e a practicar, mellorar e contrastar experiencias, escrito por Rosendo Estévez, experto en agricultura ecolóxica, docente de numerosos obradoiros por toda a xeografía galega e de Agricultura Sustentable e Xardíns na serie de divulgación da TVG Polo rego. A universidade do campo.

    ____

    Editorial: Catro Ventos 10-2022
    Idioma: Galego