Envíos gratis
en pedidos superiores a 39,95€
a partir de 39,95€
Nesta cuarta edición dos Faladoiros Literarios na Rede presentamos a novela "GRANITO". Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. O faladoiro estructúrase a través dunha interesante conversación entre o autor da novela e Fran Alonso (director da Editorial Xerais).