Envíos gratis
en pedidos superiores a 39,95€
a partir de 39,95€
Neste faladoiro, o escritor Beto Luaces conversa con Teté Rocamonde (Ed. Bolanda) sobre a terceira novela da serie VICVS. Nesta última entrega da triloxía Beto Luaces volve botar man dun feito real, a historia de Alfonso Graña, rei dos xíbaros, para construír unha apaixonante historia. E todo a través duns terribles crimes que, unha vez máis, volven unir Vigo e O Suído nunha vibrante trama que deberán resolver o detective Manuel Peixoto e a súa parella.