Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

O XORNALISMO EN GALICIA. PERCORRIDO HISTÓRICO POLA PRENSA DE LUGO

€23,70
ISBN 9788482888880
No ámbito da colección Ensaio e incluido na serie adicacda ao mundo da Comunicación, Galaxia edita este análise da presenza dos Medios de Comunicación na realidade e da prensa local como como fío para achegrnos á sociedade contemporánea.

O xornalismo en Galicia. Percorrido histórico pola prensa de Lugo é un libro de investigación no que se analiza a presenza dos medios de comunicación na sociedade e o seu papel como voceiros das transformacións históricas que atravesan e conforman os séculos XIX e XX. Un libro que sitúa a prensa local no centrp da análise e no que se salienta a súa importancia para coñecermos a sociedade contemporánea. Dous séculos da historia do xornalismo na provincia de Lugo serven a Ana María Rodríguez Rivas para trazar como pano de fondo contextualizador, unha parte substancial da historia do xornalismo galego. Concibido desde unha perspectiva ampla, na que se recollen aspectos históricos e xurídicos, este percorrido pola prensa de Lugo é unha guía útil para determinar o papel dos medios de comunicación na nosa sociedade.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego