Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

XINQUE!

€21,00
ISBN 9788412392227

Fanes, unha adolescente de ascendencia sueca e portuguesa, enceta o seu propio percorrido vital na procura dos misterios do mundo seguindo o ronsel do pai, o antropólogo Ingemar Westtertorma, no medio dunha Europa que esperta aos aires revolucionarios do Maio francés e a Primavera de Praga. No camiño a París encontra a Pada, xornalista estadonudinse de orixe irlandesa que percorre o continente escribindo artigos culturais, e logo a Astrid, unha escultora húngara que foxe da persecución política dos eu país. Os tres enrolaranse nunha viaxe iniciática de transformación que os levará por diversos lugares do mundo. Xinque! introdúcenos nun reflexivo descurso por diferentes ámbitos míticos e ideolóxicos de Oriente e Occidente, achegándonos as cosmovisións de culturas e pobos dos cinco continentes e poñendo todo en contextjo coa fonda metamorfose que o mundo experimentou no derradeiro terzo de século XX.

Que é Xinque!?

É a segunda parte da saga que comezou con O alén dos Barqueiros. Naquel libro o protagonista era o antropólogo sueco Ingemar Westtertorma, que no marco da II Guerra Mundial viaxaba desde a súa terra até Portugal, pasando por diferentes países, entre eles a Galiza. En Xinque!, a protagonista, Fanes, é a filla daquel antropólogo; unha rapaza comunista que percorre diferentes países até rematar en California, en pleno auxe do movemento hippie. Esta segunda parte abrangue os anos entre 1965 e 1969 e remata cando militantes do movemento indio de Estados Unidos ocupan a prisión de Alcatraz, en San Francisco. 

Fanes inicia o seu propio percorrido vital no medio dunha Europa que esperta aos aires revolucionarios do Maio francés e a Primavera de Praga. É unha especie de viaxe iniciática de transformación que a levará por diversos lugares do mundo. Diferentes ámbitos míticos e ideolóxicos de Oriente e Occidente, achegándonos as cosmovisións de culturas e pobos dos cinco continentes e poñendo todo en contexto coa fonda metamorfose que o mundo experimentou no derradeiro terzo de século XX.

Di que fai parte dunha saga máis ampla...

Fai. A primeira parte é a de O alén dos barqueiros e céntrase na mitoloxía, aborda contos, lendas e supersticións. Esta, Xinque!, aborda máis ben as ideoloxías, nuns anos, os sesenta, nas que o mundo era un fervedoiro.Xa estou traballando na terceira parte desta saga, no que a reflexión dixírese máis ben ao que se deu en chamar as zonas temporalmente autónomas. A respecto da cuarta, teño en mente que sexa máis como unha road movie e xa a partir do século XXI. E haberá tamén unha quinta parte, se ben aínda estou pensando cal sería o eixo, ando a darlle voltas a temas como a etnobotánica, as multinacionais farmacéuticas...

Neste libro colaborou coa súa propia filla, Elia Gómez. Como foi a experiencia? 

Moi positiva. Foi algo que me axudou moito. Á hora de tratar a parte máis idealista precisaba desa visión moza, de xente nova. Eu creo que non podería pórme na pel e ela centrouse máis no emotivo. A colaboración foi moi proveitosa para ambos os dous e para o libro, claro.

Di que as ideoloxías son protagonistas desta segunda parte da saga, nun contexto no que semellaba que era posíbel cambiar o mundo  da noite para a mañá. 

Despois daquilo veu a decepción, que é algo que tamén vou tratar. Os fillos daqueles revolucionarios moitas veces xa non quixeron saber nada daqueles soños. Certo que quedaron como zonas autónomas mais en trazos xerais pouco ficou daquilo.

Escribe poesía e escribe narrativa, dous mundos diferentes para vostede? 

Escribir poesía e escribir novela requiren para min estruturas mentais diferentes. Para min é menos esgotador escribir poesía, quizás pola miña propia forma de ser. A min escribir narrativa recoñezo que me esgota, quéimame. Porén, hai autores nos que é totalmente ao revés, como Xosé Luís Méndez Ferrín, que ten dito que lle custa máis escribir poesía. A poesía non ten por que entenderse racionalmente, hai moita maior liberdade, tamén para o lector. A poesía trabállase máis coa intuición; e hoxe en día, nun mundo tan tecnolóxico e tan racional, unha das poucas ferramentas que temos para espertar a intuición que temos atrapada é a poesía. A poesía non ten que estar mastigada, non ten por que entenderse. Ten esa liberdade.

____

Editorial: Toxosoutos 2021
Idioma: Galego