
Xela aventura na fraga, un conto sobre a natureza, que pon en valor o equilibrio e as relación entre todo o que vive ao noso arredor procurando que as persoas miúdas queran descubrir e coidar o territorio.
A través dos descubrimentos de Xela, unha nena valente e curiosa, os lectores resolverán unha misteriosa desaparición mentres van descubrindo a beleza e a biodiversidade que nos rodea. Plumas, pegadas e cacas axudarán a atopar que que animal se trata. Mergúllate nesta lectura e acompaña a Xela na súa aventura!
Ilustradora: Clara Cerviño
____
Editorial: ESQUÍO REBULDEIRO 2024
Idioma: Galego