X. MARÍN. ARTE E COMPROMISO NO HUMOR GRÁFICO GALEGO
€28,00
ISBN 9788491511687
Que Xaquín Marín é un dos artistas máis importantes do noso tempo é algo que ninguén discute.
Dende hai décadas leva exercendo un constante e comprometido labor centrado na arte plástica dende moitos puntos de vista.
Coñecido polo gran público como humorista gráfico, a súa biografía de artista agocha moitas dimensións. Polifacético, politicamente entregado á causa galega e á defensa dos dereitos humanos, quen se achegue a esta obra descubrirá un home do seu tempo que nunca se agocha, que sempre puxo o seu pincel e a súa mirada crítica ao servizo dunha maneira de ollar e de sentir que o fai merecente, como poucos, do título de Bo e Xeneroso. Félix Caballero revisa, estuda e analiza a súa impresionante obra gráfica, neste libro. Un traballo inmenso para un artista inmenso.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego