Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

VOLVEREDES BRINDAR POR MIN. UNHA BIOGRAFIA DE BEGOÑA CAAMAÑO

€15,40
ISBN 9788411765893

LETRAS GALEGAS 2026

A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos “unha” biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación.
Este é, pois, un exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.

_____

Editorial: Galaxia  04-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 244
BIOGRAFÍA