Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

VIRXILIO VIEITEZ (Edición Castellano)

por VV.AA
€40,00
ISBN 9788415282013

O RETRATO DUN POBO E DUNHA ÉPOCA.

A maior retrospectiva dedicada ao fotógrafo galego VIRXILIO VIEITEZ, coproducida por Fundación Telefónica e o MARCO de Vigo, e que ocupou as salas da planta baixa do MARCO entre os meses de outubro de 2010 e abril de 2011.

 

EDICIÓN EN CASTELLANO.

Reúne máis de 300 imaxes, materiais orixinais do estudio do fotógrafo, vintages da época, cámaras, películas e obxectos persoais. Unha parte está dedicada ás fotografías dos documentos de identidade, realizadas sempre sobre fondo branco, que ofrecen unha representación etnográfica de gran valor. A exposición conclúe coas primeiras fotografías en cor, que marcan o avance dunha época na que a innovación tecnolóxica coincide con cambios políticos e sociais que afectan á linguaxe fotográfica. Virxilio Viéitez Bértolo, nado en Soutelo de Montes (Forcarei) o 23 de outubro de 1930 e falecido no mesmo lugar o 15 de xullo de 2008, foi un fotógrafo galego. Deixou a actividade fotográfica nos anos oitenta, pero na década de 1990 o seu traballo foi revalorizado, expoñendo na VIII edición da Fotobienal de Vigo en 1998, no MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición 150 anos de Fotografía en España (que estivo na Coruña e en Ourense), ou na mostra Al gust de Cartier-Bresson en Barcelona, ​Ámsterdan e Nova York. O seu primeiro emprego foi na construción ós dezaseis anos. Despois emigrou ós Pireneos, onde traballou coma mecánico nun teleférico e adquiriu a súa primeira cámara. Tratábase dunha Kodak de caixón, formato 6x9". Emigrado a Cataluña, en Palamós coñeceu a Julio Pallí, de quen aprendeu o oficio da fotografía. A continuación traballou como fotógrafo na Costa Brava, facendo retratos de turistas. No 1955 volveu a Galicia e pouco despois abriu un estudio fotográfico na súa vila natal. Deste modo tivo a oportunidade de retratar a moitas xeracións de veciños da Terra de Montes de forma case anónima. As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en eventos sociais como comuñóns, velorios ou bautizos, pero tamén actividades cotiás. En relación á súa técnica, a maioría das súas fotos son en branco e negro, pero na década de 1970 fixo algunhas en cor. As imaxes de Viéitez, tomadas, as máis coñecidas, entre os 50 e 60, retratan, cunha calidade e unha técnica excepcional, os seus veciños, a xente de Soutelo de Montes, facendo o que facían a diario (segando a herba; enterrando un parente, que tamén aparece na imaxe, no seu cadaleito; imaxes da matanza da voda de alguén), rutina só interrompida cando chegaban os familiares da emigración, cargados de enxeños que traían como agasallo e como mostra do "progreso": radios, automóbiles enormes, vespas...

Catálogo individual, 2011.
Textos: Antonio Lucas, Lucía Orsi, Enrica Viganó, Naomi Rosenblum, Ramón Villares.
Idioma: Castellano o Gallego (seleccionar opción)
Páginas: 427
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 27 cm

____

Editorial: MARCO 2011
Idioma: Castellano