Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O ELEFANTE BRANCO

€11,50
ISBN 9788490460313
Unha trama na que se dan a man momentos clave e particulares na vida dun protagonista situado nesa fronteira que vai desde a adolescencia, ou preadolescencia, e a mocidade; fiándose coa sorprendente presenza do ilusionista lucense Conde de Waldemar e remexendo, ao tempo, nos asuntos que puideron levar a Fole a escribir o relato “A caixa dos habanos”, integrado na Terra brava, a carón de historias de espías nazis, os ecos que producen as vivencias da emigración e mesmo algún acontecementos máis.

Pode, se cadra, semellar que Fraga fai confluír demasiadas liñas argumentais e que algunha corre o risco de quedar solta, mais non é así. O autor ofrece aquí unha proposta moi atinada diso que se dá en categorizar como novelas de fronteira, isto é, textos literarios, sinxelos mais complexos á vez, con diversos niveis de lectura e operativos para diversas xeracións de lectores; e faino con efectividade e interese pois todos os elementos que manexa non deixan amosar as suturas. Fraga, Xesús Naceu en Londres, pero dende moi neno viviu na Coruña, e logo en Betanzos. Estudou xornalismo en Salamanca e traballa desde hai moitos anos en La Voz de Galicia. Entre as súas obras destacan títulos como O elefante Branco. A-Z ou Salimán. Unha das súas afeccións é o mundo da cociña, sobre a que publicou 50 receitas con amoras e outros froitos silvestres. Como tradutor trouxo para o galego libros como Lolita, de Vladimir Nabokov, ou Arthur & George, de Julian Barnes. Traducións
  • Arthur & George (2006). Rinoceronte. Orixinal de Julian Barnes.
  • Lolita (2008). Faktoría K de Libros. Orixinal de Vladimir Nabokov.
  • Oracións infantís (2008). Orixinal de millan.
  • O sentido dun final (2012). Rinoceronte. Orixinal de Julian Barnes.
  • Un monstro vén a verme (2016). Faktoría K de Libros. Orixinal de Patrick Ness.

____

Editorial: Tambre 04-2013
Idioma: Galego