Un libro de viaxes que tamen é relato de aventuras, crónica de actualidade e fascinante persecución das pegadas da participación galega na colonización da Patagonia.
Esta é unha crónica nacida das travesías que Xavier Alcalá leva feito, nos máis variados medios de transporte, polas latitudes austrais da República Arxentina. O país de Elal é a Patagonia, o inmenso territorio que habitaba a raza dos tehuelches ata que alí chegaron outros homes que a si mesmos se denominaban galegos. Desde Bariloche, na cordilleira dos Andes, ata Punta Arenas, no Estreito de Magallanes, o escritor viaxeiro vai deixando constancia de lugares que se chaman Comodoro Rivadavia, Aldea Beleiros ou Río Gallegos, vestixios inequívocos dun dos episodios máis sobresalientes e aínda descoñecidos da nosa historia colectiva.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego