Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

VIAXES DO CORAZÓN. DIARIO ÍNFIMO

€12,75
ISBN 9788498651454
Vida e literatura xuntas nun libro que convoca momentos ínfimos do pasado para celebrar o presente.

Un diario escrito con fina ironía mais sentindo de cerca a respiración da xente, dos que nos consolan de vivir. O autor percorre o ano 2007 nun xogo de espellos no que o presente abeira e garda o pasado e o pasado dá sentido ao presente. Aprender o oficio de vivir é aprender a contar a propia historia, e facelo botando man da levidade, insinuándose, axudándose da complicidade do lector para escanciar a esencia da vida. Pois estas Viaxes do corazón son as voltas do tempo, as reviravoltas da experiencia, un diálogo entre o que o escritor é e o que foi, entre o autor e a terra, unha conversa coas árbores, coa xente, co mundo. Quen escribe, fala, e a través da súa escritura chegan as voces dos que a el lle falaron.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego