Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

VESTIDOS DE ORGANDÍ

€16,00
ISBN 9788412810691

Na procura de respostas sobre o ser, o tempo, a morte ou o significado da vida, Vestidos de organdí mestura referencias e diferentes culturas, mitoloxías e obras literarias con imaxes da nosa cotidianeidade. Válese para iso dunha pluralidade de voces que enfrontan adversidades e cuestionan a natureza da vida, a finitude, a transitoriedade e a inevitábel transformación de todo o que nos rodea.

Pura Tejelo volve mostrar nesta obra a súa linguaxe poética rica, coidada e depurada, cunha forte carga emocional e un efectivo uso de recursos poéticos.

Pura Tejelo

Pura Tejelo Núñez (A Coruña, 1953), licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e literatura no ensino medio e exerce labores de normalización lingüística e de integración escolar con alumnado inmigrante. Así mesmo, exerceu cargos de xerencia na asociación cultural O Facho da Coruña para a que coordina os Certames de Poesía e Relatos. Publicou nas revista literarias "Dorna", "Festa da Palabra Silenciada" e "Clave Orión". Aparece na ''Anthology of Contemporany Galician Women Poets'' 1988 de Kathleen March. Tamén colabora no blog Os chanzos (oschanzos.blogspot.com). En 2014 recibiu o segundo premio do Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María e no 2016 o Johan Carballeira de poesía por "A elegancia do século" (Xerais, 2017).

____

Editorial: Belagua 11-2017
Idioma: Galego
Páxinas: 95
POESÍA