Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O VERÁN SEN HOMES

€16,50
ISBN 9788494540349
Escrita en primeira persoa, a obra é íntegra no plano intelectual e tamén no emotivo. Se cadra é por iso, e pola ironía que impregna cada páxina, polo que resulta tan estimulante.

É verán en Minnesota. Mia Fredricksen, profesora universitaria e poeta na cincuentena, debe facer fronte á decisión do seu home, Boris Izcovich, de interromper a relación conxugal que ambos manteñen dende hai trinta anos. O motivo: unha moza coa que el inicia unha aventura amorosa. Así arrinca unha historia que trascende a literatura de xénero e na que xogan un papel fundamental a memoria e a propia identidade. Pero non só: hai tamén reflexións sobre a velleira, sobre os procesos cognitivos, a bioloxía e a neurociencia, a histeria, a catarse, o desexo, a puberdade, a enfermidade... Hustvedt lograr dotar o relato dunha profundidade e dunha exquisitez sorprendentes; resulta en verdade notable a súa capacidade para abordar cuestións de calado, tanto dende unha óptica humanista coma científica, sen recorrer a frases sisudas nin a densos parrafeos. Co máximo respecto para co lector, a autora imprímelle á novela un ton ameno e accesible que, malia ser novelesco, non dista moito do ensaio divulgativo.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego