Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

VELLOUCAS & MINCHAS

€13,50
ISBN 9788412160451
III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Despois do “suceso”, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola rúa, de que reciben chamadas telefónicas no medio da noite e de que sofren actos vandálicos no edificio. Coa mosca detrás da orella, Sofía decide pescudar. Non lle gusta nada o que descobre, se hai algo que non pode soportar, son as inxustizas. Coa axuda da súa mellor amiga Gabri e as boas persoas da vila, trata de resolver o sarillo no que está metida a avoa Rosa e mais as súas amigas e veciñas Gloria e Lita. Conseguirano?  

 


____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Gallego