Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

UXIO E AMIGOS.

€14,00
ISBN 9788418909757

Uxío e amigos é unha nova historia perfecta para primeiros lectores en castelán, euskera, catalán ou galego, que inclúe mensaxes tan importantes coma o valor da socialización e a inclusión ou o coidado do medio ambiente. Nesta entrega, descúbrense novas historias sinxelas, coloridas, poéticas e moitas veces surrealistas. Algunhas son curtas coma un aforismo, outras longas coma unha tarde con amigos. E Romero non se esquece de crear novas páxinas lúdicas, ao engadir nesta ocasión dous xogos de mesa nas gardas. E Romero non se esquece de crear novas páxinas lúdicas, ao engadir nesta ocasión dous xogos de mesa nas gardas.

O autor de historieas e animador audiovisual Martín Romero volve cun novo cómic infantil. Trátase das novas aventuras de Uxío, ese neno imaxinativo e soñador que se deu a coñecer coa publicación do cómic homónimo Uxío (Astiberri, 2020). Neste novo álbum, que se pode ler de forma independente ao primeiro, non é a de Uxío a única voz que se escoita. Tamén escoitamos a Ana, a súa mellor amiga, quen se fixo un oco ao seu carón na portada, a Rosenda ou a Álex, uns amigos que conforman o seu universo actual, cada vez máis aberto.

No seu momento, Sergio Benítez calificara Uxío –premio Castelao de cómic infantil en 2019–, no blog especializado Fancueva, de "claro exemplo de como entender á perfección o imaxinativo mundo infantil (...) se hai algo que me gañou de Uxío, ademais da simpleza da súa formulación visual, é a insistencia de Romero ao longo de toda a lectura por enfiar, de xeito moi sutil e case imperceptible, pequenas leccións vitais desas que calquera pai con dous dedos de fronte quixera que o seu fillo ou filla tivera no seu acervo."

Prensa

"Uxío e amigos é un cómic infantil encantador e cun debuxo excelente, con moito cariño e respecto cara a ilustración clásica. Un libro repleto de imaxinación e personaxes entrañables, que mestura o cómico co realismo máxico: galiñas xigantes, árbores brócoli ou barcos piratas voadores."
Alberto Vázquez (director de animación e autor de cómic)
"Un álbum cheo de sorpresas que estimula a fantasía do lector".
Yexus, El Diario Montañés
“Tomando prestados elementos da febril imaxinación de Mafalda ou Calvin e Hobbes, Martín Romero aproba con nota a súa incursión no cómic infantil".
Josep Oliver, Papel en blanco

____

Editorial: ASTIBERRI 03-2023
Idioma: Galego