Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

URALITA

$18.24
ISBN 9788412160406

A actriz Iria Pinheiro e mais a poeta María Lado, nun proceso de escrita vivo, impúdico e singular déixanse levar polo ímpeto da transmisión oral para que as verbas se transformen nun xeito rabudo de atopar o lugar de pertenza, nun retrato dunha Galiza periurbana que habitan ambas as dúas para agasallarnos con este ser salvaxe que lles naceu e que non quixeron domesticar.

Iria Pinheiro traballa como actriz desde o ano 1998 e desenvolve a súa actividade no audiovosial, nas artes escénicas e na música, ademais de participar en longametraxes, curtametraxes e videoclips. Destacou no cabaret onde foi compositora, letrista e guionista. No ano 2012 creou DandyLady, un alter ego co que investiga as posibilidades da poesía escénica e para o que foi ideado Uralita. Na actualidade traballa no espectáculo Anatomía dunha serea polo que recibiu dous Premio María Casares. Recibiu tamén o Premio Maruxa Villanueva á Interpretación pola súa traxectoria como actriz.



 



____

Editorial: Cuarto de inverno
Idioma: Galego
Colección: ADULTAS