Na literatura infantil, onde calquera cousa pode pasar sen que pase nada, onde a transgresión perde o seu significado para se converter nun acto natural, atopamos desde sempre unha parcela de liberdade e valentía, ademais de múltiples camiños que nos conducen cara a outros tantos mundos posibles, todos eles carentes de prexuízos e plenos de naturalidade. E niso estamos e por iso escribimos. A oitava rama do castiñeiro é un canto á liberdade; liberdade para sentir e liberdade para ser. E, por suposto e ante todo, é literatura infantil cociñada con humor, tenrura, acción e unhas cantas gotas de reivindicación. Agardamos que vos guste tanto como a nós!
____
Editorial: Triqueta Verde 09-2022
Idioma: Galego / Castellano