UN GRAN SOÑO
ISBN 9788484646556
Un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O mexicano Felipe Ugalde cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa propia existencia no mundo.
FELIPE UGALDE México DF, 1962
Estudou Comunicación Gráfica na Escola Nacional de Artes Plásticas da UNAM (México), onde foi profesor de Ilustración. Ao longo da súa traxectoria artística recibiu diversos galardóns. Participa coa súa obra en exposicións e imparte obradoiros de plástica. Traballa como ilustrador de álbums infantís, libros de texto e material didáctico dende hai máis de 20 anos. Creou a historia de Un gran soño a raíz de participar nun taller de álbum ilustrado celebrado na Cidade de México.____
Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego