“Un fermoso ovo branco” é unha historia sobre como volve nacer a alegría, sobre como a vida sempre se abre paso, igual cá galiña protagonista: correndo, berrando, cantando.
Quen primeiro a perseguen son os nenos e as nenas, valentes, desexando bailar sen límites, pero detrás van as familias, propias e alleas. Mesmo logra desconcertar os soldados.
E todo por unha galiña, que ata nos peores tempos nos regala “un fermoso ovo branco”.
____
Editorial: Trinqueta
Idioma: Gallego