Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

UN ANACO DE MAZÁ SECA

€18,00
ISBN 9791387877095

Entre as décadas de 1940 e 1980 moitos nenos e nenas suízos de familias pobres, fillos ilexítimos ou considerados problemáticos foron vítimas de «medidas coercitivas con fins asistenciais». Rapazas na súa maioría, eran internadas á forza e enviadas a traballar como serventas ou explotadas en granxas.

Esta novela conta a historia dunha destas nenas, Lidia Scettrini, a quen separan da súa nai por roubarlle un anaco de mazá seca a un compañeiro da escola.

Co apoio de Swiss Arts Council Pro Helvetia.

Begoña Feijoo Fariña (Vilanova de Arousa, 1977) vive en Suíza dende os doce anos. Tras licenciarse en Bioloxía, traballou varios anos en entomoloxía. En 2015 abandonou definitivamente a súa profesión de bióloga,  e dende entón dedícase case en exclusiva ao teatro e á escrita en italiano. Publicou as novelas Abigail Dupont (2016), Maraya (2017), Per una fetta di mela secca (2020) e Come onde di passaggio (2025).

____

Editorial: Rinoceronte 03-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 180
FICCIÓN, NARRATIVA
CONTEMPORÁNEA
EUROPA