Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ÚLTIMAS CARTAS DE JACOPO ORTIS

€15,50
ISBN WP4300
As misivas abordan temas diversos —a morte, a paisaxe, a corrupción política, o esquecemento dos heroes nacionais, a natureza humana— e dan conta das contradicións do protagonista.

Últimas cartas de Jacopo Ortis, primeira novela epistolar da literatura italiana, partiu de Laura, lettere (1796), unha historia de amor inspirada no suicidio do universitario Girolamo Ortis e no afecto de Foscolo por Isabella Teotochi Albrizzi. Con posterioridade, o autor reelaborou o texto e engadiulle nas sucesivas edicións detalles relacionados coa súa biografía. Para a crítica, a definitiva é a datada en Londres en 1817. O material epistolar preséntase recompilado polo destinatario e suposto editor, Lorenzo Alderani. Jacopo, un mozo burgués inmerso nas loitas políticas do momento, vese obrigado a fuxir de Venecia, e durante a súa estadía nos Euganeos, de camiño ao exilio, escríbelle a Lorenzo longas reflexións sobre o seu descontento pola marcha do país, e confésalle os seus sentimentos por Teresa.As misivas abordan temas diversos —a morte, a paisaxe, a corrupción política, o esquecemento dos heroes nacionais, a natureza humana— e dan conta das contradicións do protagonista. De feito, a tensión da obra émáis psicolóxica ca argumental. Na liña da novela sentimental e dos motivos propios do xénero epistolar —sobre o modelo da Nouvelle Héloïse (1761) e do Werther (1774)—, mais tamén influenciado pola obra de Vittorio Alfieri, este texto conxuga o discurso amoroso co político e identitario. Jacopo só enxerga unha saída: a destrución, reflexo da escisión espiritual típica do código romántico.

____